A normativa establece que para que un operador de telecomunicación poida realizar chamadas con fins comerciais debe contar co consentimento previo do destinatario ou ben demostrar que posúe un interese lexítimo de conformidade coa normativa de protección de datos (por exemplo unha proposta contractual previamente solicitada ou ben en caso de obrigacións impostas por lei, interese público ou vital do propio usuario.
A partires da entrada en vigor desta norma, será fundamental que os usuarios extremen a súa atención á hora de solicitar información a un operador de telecomunicacións, sexa telefonicamente ou a través de canles dixitais xa que a petición de consentimento para recibir chamadas comerciais pode facerse durante a conversación ou ben incluirse na política de privacidade que teñamos que aceptar para recibir a información. Se a pesares de non contar co devandito consentimento ou interese o consumidor recibe chamadas desta natureza poderá proceder a presentar a correspondente denuncia. Para iso Unión de Consumidores de Galicia recomenda tomar debida nota do día e hora da chamada así como de calquera outra información que poida facilitar a instrución da posterior denuncia.